Materiais A trote

Materiais A trote

Aquí tedes recursos para importar ás vosas aulas. Agardamos que vos sexan de utilidade!

Medidas de Atención á Diversidade

Medidas de Atención á Diversidade

Neste curso imos achegar ó profesorado do centro recursos para a atención á diversidade, que por lei, é un dos principios que, xunto co de inclusión, deben guiar cada unha das nosas decisións a nivel educativo.

Trataranse temáticas específicas como a dislexia e outras dificultades específicas, o TDAH, o TEA... Nestes apartados poderedes atopar unha breve contextualización da diversidade, indicadores que poden facer sospeitar da súa presenza e medidas que podemos poñer en práctica para que a diversidade non se convirta en dificultade.

Entender que a diversidade non ten nin precisa cura e que isto é o que a diferencia dun trastorno ou dunha enfermidade é a base da que debemos partir para achegarnos a esta temática. Só dende unha aceptación inclusiva podemos ofrecer respostas adaptadas e educativas á diversidade.

Plan de Acción Titorial

Plan de Acción Titorial

Neste curso poderás atopar recursos para traballar co alumnado da túa titoría os diferentes aspectos que contén o Plan de Acción Titorial proposto dende o Departamento de Orientación do centro.