Lista de políticas activas

Nome Tipo Alcance
Política de privacidade Política de privacidade Todos os usuarios

Resumo

Responsable do tratamento:
NÓS OPOSICIÓNS, S.L., Praza Fábrica de Tabacos, 13 Baixo, 15006 A Coruña.
Email: nosoposicions@nosoposicions.com

Datos tratados:
Identificativos, contacto, facturación, académicos e técnicos necesarios para prestar o servizo educativo.

Finalidade:
Xestionar a matrícula, o acceso á plataforma, a prestación do servizo e a facturación.

Conservación:
Os datos gardaranse só o tempo necesario e logo serán eliminados ou anonimizados.

Destinatarios:
Non se ceden datos a terceiros, salvo aos provedores necesarios con contratos de confidencialidade.

Dereitos:
Acceso, rectificación, supresión, oposición, retirada do consentimento e reclamación na AEPD.

Obrigatoriedade dos datos:
Os datos marcados con asterisco son obrigatorios para prestar o servizo.

Medidas de seguridade:
Aplicanse medidas técnicas e organizativas para protexer os datos segundo a normativa vixente.


Texto completo

1. INFORMACIÓN AO USUARIO

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

NÓS OPOSICIÓNS, S.L. é o RESPONSABLE do tratamento dos datos persoais do USUARIO e infórmalle de que ditos datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD).

¿Que datos persoais recollemos e por que o facemos??
Recollemos diferentes tipos de información con diversas finalidades, sempre co obxectivo de prestar e mellorar o noso servizo educativo.

A) Datos recollidos durante a matrícula

Recollemos os datos que nos facilitas durante o proceso de matrícula. Estes datos son os que utilizamos para crear a túa conta de usuario na nosa plataforma  e xestionar a túa relación académica connosco.

  • Datos de identificación: Nome, apelidos, DNI/NIE. Son os datos esenciais que nos proporcionas ao matricularte.

  • Datos de contacto e creación de conta: Correo electrónico, número de teléfono, enderezo postal. Utilizaremos o teu correo electrónico para enviarte as credenciais de acceso (nome de usuario e contrasinal inicial) á plataforma.

  • Datos de facturación: Datos de pagamento necesarios para formalizar a matrícula e a facturación do servizo contratado.

  • Datos de perfil (opcionais): Unha vez accedas á plataforma, poderás engadir voluntariamente información adicional ao teu perfil.

b) Datos que recollemos automaticamente (Datos de uso da plataforma)

Unha vez que accedes á túa conta, recollemos automaticamente datos sobre a túa interacción coa plataforma.

  • Datos académicos e de actividade: Cursos nos que estás inscrito, o teu progreso, cualificacións, participación en foros, envío de tarefas, resultados de probas, tempo de conexión e rexistros (logs) da túa actividade na plataforma.

  • Datos técnicos: Enderezo IP, tipo de dispositivo e navegador, sistema operativo, datas e horas de acceso á plataforma. Esta información é esencial para garantir a seguridade e o correcto funcionamento de Moodle.

Finalidade do tratamento e base xurídica

Finalidade do Tratamento Datos Utilizados Base Xurídica (RGPD / LGPD)
Creación e xestión da túa conta de usuario na plataforma Moodle. Identificación, Contacto. Execución dun contrato (Art. 6.1.b RGPD)
Prestación do servizo educativo contratado. Identificación, Contacto, Académicos. Execución dun contrato (Art. 6.1.b RGPD).
Xestión de pagos, facturación e obrigas fiscais. Identificación, Contacto, Facturación. Execución dun contrato e cumprimento dunha obriga legal (Art. 6.1.b e 6.1.c RGPD).
Comunicación contigo sobre o curso, titorías e avisos. Identificación, Contacto. Execución dun contrato e interese lexítimo (Art. 6.1.b e 6.1.f RGPD).
Soporte técnico e resolución de incidencias. Identificación, Contacto, Técnicos, Actividade. Interese lexítimo (Art. 6.1. f RGPD).
Mellora dos nosos servizos e análise estatística. Actividade, Técnicos (de forma agregada e anónima). Interese lexítimo (Art. 6.1. f RGPD).
Seguridade da plataforma e prevención da fraude. Técnicos, Actividade. Interese lexítimo (Art. 6.1. f RGPD).

¿Durante canto tempo conservaremos os teus datos persoais? 
Os datos conservaranse durante non máis tempo do necesario para manter a finalidade do tratamento ou mentres existan disposicións legais que determinen a súa custodia. Cando xa non sexa necesario para tal fin, procederáse á súa supresión aplicando as medidas de seguridade adecuadas para garantir a anonimización dos datos ou a súa destrución total.

A quen facilitamos os teus datos persoais?

Non está prevista ningunha comunicación de datos persoais a terceiros, salvo que sexa necesaria para o desenvolvemento e execución das finalidades do tratamento. Neste caso, os datos poderán ser comunicados aos nosos provedores de servizos relacionados coas comunicacións, cos cales o RESPONSABLE ten subscritos os correspondentes contratos de confidencialidade e de encargado de tratamento, esixidos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

Cales son os teus dereitos?

O USUARIO ten dereito a:

  • Retirar o consentimento en calquera momento.
  • Acceder aos seus datos persoais, rectificalos, solicitar a súa portabilidade ou supresión, e solicitar a limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercer os seus dereitos
NÓS OPOSICIÓNS, S.L.
Praza Fábrica de Tabacos, 13 BAIXO 
15006 A CORUÑA (A Coruña). 
Correo electrónico: nosoposicions@nosoposicions.com

Datos de contacto da persoa delegada de protección de datos:

MANUEL ANTÓN GONZÁLEZ GAYOSO

Praza Fábrica de Tabacos 13 Baixo

15006 A CORUÑA (A Coruña). 

Correo electrónico: administracion@nosoposicions.com

2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLO USUARIO

As persoas USUARIAS, mediante a marcación das casas correspondentes e a introdución de datos nos campos marcados cun asterisco (*) nos formularios de contacto ou nos formularios de descarga, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos son necesarios para que o prestador poida atender a súa solicitude, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. A persoa USUARIA garante que os datos persoais facilitados ao RESPONSABLE son veraces e comprométese a comunicar calquera modificación dos mesmos.

O RESPONSABLE informa de que todos os datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para prestar un servizo óptimo ás persoas usuarias. No caso de que non se faciliten todos os datos, non se garante que a información e os servizos ofrecidos se axusten completamente ás súas necesidades.

3. MEDIDAS DE SEGURIDADE

De conformidade co disposto nas normativas vixentes en materia de protección de datos persoais, o RESPONSABLE está a cumprir con todas as disposicións do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), no tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e concretamente cos principios recollidos no artigo 5 do RGPD, segundo os cales os datos son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada, e son adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que se tratan.

O RESPONSABLE garante que implementou políticas técnicas e organizativas axeitadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RGPD e a LOPDGDD co fin de protexer os dereitos e liberdades das persoas USUARIAS, e que lles foi facilitada a información necesaria para que poidan exercelos.

Para máis información sobre as garantías de privacidade, pode dirixirse ao RESPONSABLE a través de:
NÓS OPOSICIÓNS, S.L., Praza Fábrica de Tabacos, 13 BAIXO – 15006 A CORUÑA (A Coruña).
Correo electrónico: nosoposicions@nosoposicions.com
Delegado de Protección de Datos: MANUEL ANTÓN GONZÁLEZ GAYOSO, Praza Fábrica de Tabacos, 13 Baixo – administracion@nosoposicions.com